Home Programas Espazo Aberto Ana Pontón: “O BNG ten que liderar a Xunta porque somos a garantía dun cambio real”

Ana Pontón: “O BNG ten que liderar a Xunta porque somos a garantía dun cambio real”

0
Ana Pontón: “O BNG ten que liderar a Xunta porque somos a garantía dun cambio real”

A líder do BNG, Ana Pontón, instou a máis de 200 responsables municipais que congregou en Compostela a traballar desde xa “no gran reto” das eleccións galegas de 2020. “Para abrir este novo ciclo é condición necesaria desaloxar ao PP, pero iso só non chega. Para abrir un novo tempo, o BNG ten que liderar a Xunta porque somos a garantía dun cambio real e transformador, de políticas ao servizo das maiorías sociais, capaces de enfrontar os cambios estruturais que Galiza necesita”, sostivo.

De cara a esa cita coas urnas, a primeira escala é a celebración do Día da Patria, que o Bloque quere aproveitar para visibilizar a súa fortaleza social e organizativa.  “Fagamos deste 25 de Xullo a primeira gran mobilización para impulsar ao BNG e conquistar a Xunta en 2020 logrando que nin unha soa persoa que queira cambio en clave de país quede na casa. A esperanza é o motor que hai que poñer a funcionar para transmitir que nada é imposíbel e que o avance do proxecto nacionalista é imparábel. Estou convencida que entre todos e todas imos conseguir este obxectivo”, proclamou Pontón.