A voceira do BNG, Ana Pontón, criticou este mércores no Pleno que o plan forestal da Xunta se basee “na receita do eucalipto”. A deputada nacionalista considera que o único que fixo o Goberno galego foi “botar balóns fóra”, xa que “Galiza segue igual de indefensa que en outubro ante outra posíbel vaga de lumes.
Pola súa banda, Núñez Feijóo asegurou que está a traballar para “mudar o marco legal e incrementar a protección contra os incendios”, ao tempo que aproveitou para criticar a política forestal e de ordenación do territorio do bipartito.