A voceira do BNG, Ana Pontón, aproveitou a sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento galego para botarlle en cara o peche do paritorio no hospital de Verín. “Se vostede e o conselleiro viviran en Verín e foran mulleres non tomarían a decisión tan alegre de pechar o paritorio”, espetou a nacionalista que pediu a dimisión de Jesús Vázquez Almuíña. “Ademais de estar xogando coa vida das mulleres, é vostede un cobarde políticamente“, sostivo.

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego