A portavoz nacional, Ana Pontón, protagonizou este martes un almorzo informativo no que puxo en valor o acordo de investidura acadado entre o PSOE e o BNG que, este mediodía, lle deu a presidencia a Pedro Sánchez. “O acordo significa un paso de xigante no papel de Galiza no Estado”, destacou. Así e todo, a súa comparecencia centrouse no papel do Bloque Nacionalista Galego nas eleccións que vivirá este ano o pobo galego.

- Publicidade -

“Imos a por todas sabendo que canto máis BNG, menos PP e desde a confianza de contar cun proxecto serio e solvente e cunha organización unida e cohesionada”, salientou a nacionalista.

Neste sentido, Ana Pontón destacou a capacidade de diálogo demostrada polo Bloque e tende a man á alianza con outras organizacións de cara os comicios galegos. “Estamos incorporando a moitas persoas”, sostivo.

Coa ollada posta nas eleccións galegas, a líder do BNG ve no Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo. “Véxoos preocupados porque o acordo que acabamos de asinar no estado deixa en evidencia a súa incompetencia e incapacidade á hora de poder defender os intereses de Galiza e iso vai facer que siga erosionándose e perdendo cada vez máis apoio”, sentenciou Ana Pontón.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego