Ana Pontón a Feijóo: “Hai manadas na política, na xustiza e nas Institucións”

Duro enfrontamento entre a voceira do BNG e o Presidente da Xunta de Galicia na sesión plenaria do Parlamento Galego

Dura lea no Parlamento Galego protagonizada por Ana Pontón e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A bronca, neste caso, veu protagonizada por unha pregunta da voceira do BNG no debate sobre violencias machistas na que Pontón instaba a Feijóo a demostrar que “non está nunha ‘Manada'”.

- Publicidade -

A portavoz do BNG lembrou que no que vai de ano morreron asasinadas 45 mulleres na última década, tres delas en Galiza, mulleres, recalcou que xa non poden falar e por iso “debemos falar nós no seu nome”. “O feminismo é incómodo e por iso molestan preguntas” resaltou nas redes sociais a voceira do Bloque poucas horas despois.

Feijóo acusa ao BNG de “denigrar” as Institucións

Pola súa banda, Feijóo criticou a “catadura moral” de Pontón e as súas “insinuacións” e afirmou que que é “lamentable” que se lle “identifique coa manada”. O Presidente da Xunta evitou, deste xeito, responder ante as preguntas da voceira do BNG. “Alá vostede e o seu grupo”. Así foi a resposta de Feijóo:

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego