A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, presentou unha pregunta dirixida á Comisión coa intención de que a Unión Europea dea un paso adiante e desenvolva unha lexislación sectorial específica sobre os xogos de azar. Así o manifestou ademais na reunión que mantivo co presidente da Asociación Galega de Xogadores Anónimos (AGAJA) e Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados (FEJAR), Juan Lamas.

“A propia Comisión recoñeceu, en resposta a unha pregunta do Bloque, as consecuencias sociais e sanitarias da ludopatía, polo que non pode quedarse só en animar aos Estados Membros a garantir a protección dos consumidores se os Estados non toman as decisión pertinentes mentres aumentan considerablemente os casos de menores afectados pola ludopatía”, salienta Ana Miranda.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -