A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, considera “imprescindible” que Galiza estea incluída no futuro Fondo de Transición Xusta, votado este mércores na Eurocámara, dentro do Plano de Investimentos do Pacto Verde Europeo. “É imprescindible que tanto a Xunta como o goberno central presenten unha proposta para evitar que Galiza quede marxinada. Está en xogo o presente e, sobre todo, o futuro para poder facer unha transición ecolóxica e social xusta xa que o impacto socioeconómico é enorme e non podemos ser os pagadore”, subliña.

Financiamento para a Transición Xusta

“O fondo para a Transición Xusta recibirá 7.500 millóns de euros de novos fondos da UE e son os Estados Membros os que terán que determinar os territorios elixibles para a distribución de fondos a través de plans territoriais”, sinala a nacionalista, quen considera que se trata dun momento vital para poñer fin a crise industrial galega.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

No fondo haberá tamén un réxime de transición específico con cargo ao denominadoInvestEU, que mobilizará investimento por un importe de até 45.000 millóns de euros que tamén prevé contar con investimentos privados para enerxía sostible e transporte.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -