Home Programas Espazo Aberto Ana Miranda insta a cumprir a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE para que Junqueras poida tomar posesión como eurodeputado

Ana Miranda insta a cumprir a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE para que Junqueras poida tomar posesión como eurodeputado

0
Ana Miranda insta a cumprir a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE para que Junqueras poida tomar posesión como eurodeputado

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, esixiu este martes o cumprimento inmediato da sentenza ditada polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea do pasado 19 de decembro, que considera que “unha persoa elixida ao Parlamento Europeo adquire a condición de integrante de dita institución desde a proclamación oficial dos resultados e ten desde ese momento das inmunidades aparelladas a tal condición”, de forma que Oriol Junqueras, o cabeza de lista da coalición coa que o BNG se presentou ás eleccións europeas, Agora Repúblicas, poida asumir a súa acta de eurodeputado de forma inmediata.

Nas eleccións europeas do pasado 26 de maio Oriol Junqueras resultou elixido membro do Parlamento Europeo e así foi proclamado pola Xunta Electoral Central o 13 de xuño. Porén, ao día seguinte o Tribunal Supremo denegoulle unha autorización extraordinaria para acatar a Constitución na Xunta Electoral, feito que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea considera que non debeu acontecer así. “Desde o BNG temos claro que se están vulnerando os dereitos dun cidadá escollido democraticamente ao non permitirlle tomar posesión do seu escano, o cal nos dá idea da calidade democrática do Estado español”, apunta Ana Miranda, quen defende que Junqueras debería poder participar na vindeira sesión plenaria da Eurocámara que se celebrará a próxima semana en Estrasburgo.