A editorial Galaxia segue a súa aposta polos novos valores literarios. A libraría Couceiro de Santigo acolleu onte a presentación do libro “Sapos e sereas” da xornalista Ana Cabaleiro. No seu primeiro encontro co público estivo acompañada pola tamén escritora e membro da Asociación O Galo, Mónica Places, e o Director Xeral de Galaxia, Francisco Castro. Este último salientou a aposta editorial polos novos valores literarios en Galiza.
A estrea de Ana Cabaleiro no mundo editorial leva ás librarías un feixe de relatos co trasnfondo de historias coñecidas cunha visión moi particular e diferente á que coñecemos.
A escritora silledense é licenciada en Xornalismo, profesión á que se dedica na actualidade e ten investigado na Universidade de Santiago sobre contracultura e ciberactivismo artístico.