Amplían e melloran os obradoiros de empoderamento da muller no rural

O proxecto comeza estes primeiros meses a funcionar en 12 das 20 parroquias, aínda que desde o Concello esperan alcanzar este ano todo o territorio

O Programa de Empoderamento das Mulleres do Rural continúa o proxecto iniciado en 2015 e comezará a funcionar a partir de febreiro nas parroquias de Santiago. Nestes primeiros meses da acción cóntase xa con 12 parroquias, e pretenden estenderse ás 20 que conforman a o territorio, cubrindo así as necesidades detectadas durante as  edicións anteriores.

No ano 2015, a Concellaría de Igualdade elaborou un Informe-diagnóstico participativo sobre a realidade e as condicións de vida das mulleres, no que se recollía que o rural compostelán seguía a ser descoñecido para a poboación, e a atención ás necesidades das mulleres catalogábase como escasa.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -