Ames quere adiantarse en materia de prevención de incendios. A experiencia piloto deste plan municipal foi posta en marcha polo Concello de Ames no ano 2016, dándolle continuidade durante a anualidade 2017-2018 como explica o alcalde desta localidade, José Miñones.
O Plan municipal de prevención de incendios forestais inclúe, como un dos seus eixos centrais, a plantación de árbores frondosas caducifolias (castiñeiros, baleiras, cerdeiras, carballos, noceiras, freixos e bidueiros) na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa, que son as que se atopan a 50 metros de distancia desde os límites dos núcleos urbanos ou desde as vivendas unifamiliares ou outras edificacións.