Ames investirá 300.000 euros do POS+ en obras no Milladoiro, Bugallido e Agrón

A Xunta do goberno local de Ames aprobou a execución das obras complementarias do POS+. Estas consistirán na instalación dun novo pavimento deportivo no pavillón polideportivo do Milladoiro, a pavimentación de viarios no núcleo de Outeiro (Bugallido), a mellora da accesibilidade universal na rúa Agro do Medio do Milladoiro e o arranxo do camiño principal en Sandar (Agrón). Estes catro proxectos teñen un orzamento de 323.448,23 euros.

O POS+2017 suma aos 74 millóns de euros consignados no seu orzamento inicial para este ano outros 16 millóns de euros procedentes da incorporación de remanentes, co que a dotación orzamentaria definitiva do Plan Único en 2017 ascende ata os 90 millóns de euros.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -