Home Programas Espazo Aberto Ames informa á veciñanza dos perigos do amianto

Ames informa á veciñanza dos perigos do amianto

0
Ames informa á veciñanza dos perigos do amianto

O concello de Ames iniciou unha campaña de información dos perigos do amianto, material prohibido no estado español desde o ano 2002. Neste municipio existen aínda hoxe numerosos recubrimentos de fachadas con uralita, así como en canalizacións de auga, chemineas ou caldeiras, entre outros elementos, fabricados con este perigoso material.

Panfleto informativo editado polo Concello. Prema na imaxe para ampliar

Por este motivo a concellaría de Medio Ambiente decidiu concienciar á poboación e dar a coñecer as pautas marcadas polo Real Decreto 396/2006, que establece as directrices que se deben seguir nos traballos con presenza de amianto, así como na retirada de materiais que o conteñan.

A actual lexislación determina que a retirada de elementos con amianto só pode ser realizada por profesionais rexistrados no RERA (o Rexistro de Empresas con Risco por Amianto). Ademais, establece que para tirar ou eliminar residuos que conteñan este material é obrigatorio contar cun Xestor de Residuos Autorizado.