Ames aposta pola transparencia na súa publicidade institucional

Ames presenta as bases de contratación de publicidade institucional

O concello de Ames presentou hoxe en rolda de prensa as bases de contratación de publicidade institucional que rexirán a partir de agora a súa relación cos medios de comunicación. No acto participou o alcalde, José Miñones, a concelleira de Comunicación, Isabel Vaquero e a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero. Tamén estaban presentes por parte do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Xaime Leiro e por parte da Asociación de Medios en Galego, Xurxo Salgado.

- Publicidade -

“Dotar de transparencia á contratación de publicidade nos medios non é unha tarefa sinxela”

Xurxo Salgado, Genma Otero, José Miñones, Isabel Vaquero e Xaime Leiro

A nosa intención é dotar de transparencia á contratación de publicidade nos medios de comunicación”, asegurou o alcalde na rolda de prensa, “algo que non é doado”. Isabel Vaquero explicou o procedemento que seguiron ao longo destes dous anos para chegar ao documento final. “Fixámonos na Leis institucional de 2005 modificada no 2014”, sinalou, “mais é unha actuación novidosa ao ter en conta os contratos menores nunha institución pequena como é a municipal”. A concelleira de Economía e Facenda explicou que entre 2014 e 2016 o concello investiu máis de 90.000 euros en publicidade e promoción “e o 80% dese importe levábao un só medio de comunicación”.

Prímase o emprego do galego

Nas bases prímase o emprego da lingua galega e o medio que presente as tarifas máis baixas. A partir de hoxe as empresas de comunicación que o desexen poden presentar no rexistro do concello toda a documentación requerida.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego