Home Programas Espazo Aberto Ames adopta o sistema KOHA de xestión bibliotecaria común na Rede de Bibliotecas Públicas de Galiza

Ames adopta o sistema KOHA de xestión bibliotecaria común na Rede de Bibliotecas Públicas de Galiza

0
Ames adopta o sistema KOHA de xestión bibliotecaria común na Rede de Bibliotecas Públicas de Galiza

O concello de Ames decidiu a instalación do novo sistema que permitirá, entre outras cousas, a creación dun catálogo único e a unificación dos carnés de usuarias e usuarios, que comezarán a ser válidos en toda a Rede. As socias e socios deberán pasar polas bibliotecas municipais de Ames nas próximas semanas, para obter o novo carné.

Visita institucional

O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, visitou a biblioteca do Milladoiro para acompañar as labores de actualización do inventario, que se están a realizar tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns.