As familias interesadas en acoller a unha ou un adolescente, obrigado xudicialmente a cumprir unha orde de convivencia, poderán obter información de como facelo o vindeiro xoves, 9 de novembro ás 20 h. na Casa do Concello de Ames. Será a través dunha charla informativa acerca do programa Convive.Comigo que realizará a asociación Arela, responsable de varias iniciativas de apoio á infancia e á adolescencia.
A responsable de impartir a charla será Ánxela Álvarez, traballadora da asociación Arela. Nela tamén estarán presentes a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, así como o técnico municipal deste departamento, Leonardo Pena.
Convivencia con adolescentes
Este tipo de programas ten unha duración media de convivencia que pode ir dos 6 e aos 12 meses, tempo durante o cal a ou o adolescente debe convivir con esa nova persoa ou familia. A idea é ofrecer á persoa adolescente un entorno socializador positivo, que lle ofreza a oportunidade de mudar actitudes e condutas, mudando as circunstancias que motivaron a medida e, polo tanto, procurando a non reincidencia nos mesmos feitos.