
O 2 de xullo de 1937 desaparecía Amelia Earhart no seu intento de facer a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a liña do ecuador. A estadounidense foi unha pioneira na historia da aviación, célebre polas súas marcas de voo e o seu atrevemento.
As súas primeiras clases tívoas coa instrutora Anita Neta Snook , outra pioneira da aviación. Amelia vivíu a súa primeira experiencia de voo o 28 de decemebro de 1920, unha ascensión de dez minutos no Long Beach, en California, co piloto, Frank Hawks. Xa para outubro de 1922 tivo o seu primeiro récord de altitude ao voar a 14.000 pés de altura.
En 1925 uniuse á Asociación Aeronáutica Nacional. Investiu diñeiro para construír unha pista de aterraxe, vendeu avións Kinner e promoveu a aviación especialmente en mulleres. O Boston Globe xa a recoñecía como unha das mellores pilotos dos Estados Unidos.
Tras anos de marcas e recoñecementos, iniciou os plans para facer unha viaxe ao redor do mundo. Unha viaxe que emprendeu en 1937 con Fred Noonan co avión Electra. Realizaron o primeiro voo da historia entre o mar Vermello e o Karachi, en Paquistán. A súa radio deixou de emitir sinais o 2 de xullo de 1937, cando voaban cara a illa Howland, en pleno océano Pacífico. Nunca deron con eles. Unha última teoría apunta á posibilidade de que sobreviviran a unha aterraxe de urxencia e naufragaran nunha illa próxima, a illa Gadner.