O alumnado que vive a diario a experiencia do “Colecamiños” en Santiago expuso no Salón de Plenos do concello as súas demandas de mellora na seguridade viaria. Nun Pleno especial, presidido polo propio Alcalde, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro recibiu as propostas realizadas por rapazas e rapaces no CEIP Raiña Fabiola. A experiencia enmárcase dentro do proxecto “Colecamiños”.
Xan Duro tivo que responder ás achegas da rapazada do centro
Nesta sesión o alumnado reclamou varias melloras concretas froito da súa experiencia diaria ás que tivo que responder o concelleiro Xan Duro.
A este Pleno especial tamén asistiron o xefe da Policía Local, José Manuel Traba; a responsable do programa de Educación Viaria da Policía Local, Diana Parente; o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios; o voceiro municipal do PP, Agustín Hernández; e o concelleiro socialista Gonzalo Muíños.