A XXXII edición dos Cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras‘ contará con preto de 70 estudantes procedentes de máis de vinte países de catro continentes. O programa desenvolverase en Santiago de Compostela do 2 ao 24 de xullo combinando, como é costume, clases teóricas e prácticas sobre o idioma e a cultura de Galicia con palestras, excursións e obradoiros.

A Real Academia Galega coorganiza os Cursos ‘Galego sen fronteiras‘ da man do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, contando co apoio da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. O programa é codirixido polo secretario da RAG, Henrique Monteagudo, e o director do ILG e tamén académico, Xosé Luís Regueira. Representantes de todas as institucións implicadas recibirán o alumnado na inauguración dos encontros, que terá lugar o martes 2 de xullo ás 12:30 horas na Facultade de Filosofía.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Os estudantes da nova edición proceden de Rusia, Finlandia, Hungría, India, Irán, Madagascar, Romanía, Alemaña, Arxentina, Austria, Brasil, Cuba, República Checa, Inglaterra, Gales, Estados Unidos, Polonia, Italia, Portugal, Venezuela e distintas comunidades autónomas de España.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -