Home Programas Área Compostela O alumeado de Nadal duplica o seu orzamento respecto do pasado ano

O alumeado de Nadal duplica o seu orzamento respecto do pasado ano

0
O alumeado de Nadal duplica o seu orzamento respecto do pasado ano

Achégase o Nadal e xa comeza percibirse no ambiente. O Concello, despois da apresurada posta en funcionamento do alumeado de Nadal nos dous anos anteriores, decidiu nesta ocasión adiantar os prazos e dispor de toda a instalación o vindeiro luns día 30, cando se acenderán as luces da cidade.

Alén diso, o Concello decidiu este ano ampliar a licitación do alumeado a dous anos, polo que a empresa Iluminaciones Santiaguesas farase cargo de novo nas festas de 2018.

Recreación virtual da iluminación navideña

A partida destinada á iluminación duplícase respecto do pasado ano e terá un custo de cen mil euros. Deste xeito, haberá máis espazos alumeados en toda a cidade e mellorarase a calidade e o deseño dos adobíos. Á Casa do Concello únense edificios coma o Consorcio, o Teatro Principal ou o antigo Consistorio, onde tamén se colocarán as tradicionais luces de Nadal.

Por outra banda, a concelleira de Acción Cultural adiantou que o programa das festas incluirá múltiples actividades na Praza do Obradoiro como a exposición dun “bosque de Nadal” dedicado ás lendas da cidade.