O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi os tres traballos gañadores da novena edición dos premios Educacompostela, convocados polo Concello de Santiago en colaboración co Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega. Estes galardóns queren recoñecer publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia.
O primeiro premio foi para o o traballo “Starcach”presentado polo IES A Cachada de Boiro pola temática que trata e pola diversidade de recursos educativos que propón. O segundo recaeu en “Ser docente a través da arte” do colectivo E.S.G.A.Z.A.D.O.S.”, pola súa orixinalidade e polo esforzo por crear pontes entre a práctica docente e a creación artística e o terceiro levouno “Dimenome”, presentado por Silvia López Gómez, polo deseño coidado e pedagóxico do material.
Estes premios están valorados en 2.700 euros, de tal xeito que 1.200 son para o primeiro premio, 900 para o segundo e 600 para o terceiro.