A Casa Cornide é arquitectónicamente, un edificio único para a época en Galicia. Ademais, agocha un patrimonio inmaterial moi valioso: o da figura do intelectual José Cornide, un dos primeiros intelectuais laicos galegos do XVIII. Son algúns dos argumentos que Alfredo Vigo Trasancos expón no informe para que a Casa Cornide sexa declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta, un trámite iniciado polo Concello da Coruña.
Tamén podes ver a reportaxe que fixemos en 2018 sobre a situación legal do edificio: