O número dous da Xunta e presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda lémbralle ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que “ten que falar con responsabilidade”. O presidente provincial do PP de Pontevedra lanza esta mensaxe despois de que Jácome sostivera que había unha “mafia” na policía local ourensana. Jácome é alcalde de Ourense tras chegar a un acordo co PP para repartirse alcaldía e a presidencia da Deputación.

- Publicidade -

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego