“A miña obriga é contarlles aos galegos o que pasa, e o que pasa neste momento é que, se non traballamos unidos e non amosamos con argumentos o noso posicionamento, a central das Pontes periga”, é o que sostiña o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, segundo recollía a CRTVG poucas horas antes de que arrancase a folga xeral no concello das Pontes ante o posible peche definitivo da central das Pontes.

- Publicidade -

“Se eu fose traballador de Endesa, estaría preocupado”, di o presidente obviando as competencias que ten Galicia en materia de industria e colocando a responsabilidade en Madrid, que en menos dun mes volverá a converterse no epicentro das eleccións estatais. O concello das Pontes vive este mércores unha xornada de folga xeral mentres aínda se descoñece quen se fará cargo das traballadoras do municipio se pecha a central.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego