Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta e líder dos populares galegos, acudíu esta mañá a un almorzo informativo celebrado en Compostela para arroupar a Agustín Hernández, o candidato do partido á Alcaldía de Compostela. Ambos mantiveron un discurso moi similar ante un público que proviña do sector empresarial: “Para nós Santiago é como una gran empresa”, chegou a dicir Hernández que comparou á veciñanza con “accionistas”. Mesmamente Núñez Feijóo destacou que “Santiago xunto con Inditex son as dúas grandes marcas” coñecidas no mundo para referirse a Galicia.

- Publicidade -

Feijóo tamén sostivo que dende a Xunta precisan “un socio reivindicativo” na capital do país e criticou a xestión dos últimos catro anos realizada por Compostela Aberta. “Se o PSOE supera á Marea é o mesmo produto con ingredientes diferenciados”, subliñou. O presidente da Xunta tamén se referíu en varias ocasións á división do voto da dereita e extrema dereita: “Votar Ciudadanos ou Vox é garantía de que a lista máis votada sexa a do PSOE ou a de En Marea”, “votar pola división do voto, votar Ciudadanos ou Vox é votar continuismo no goberno municipal“.

Noriega: “Incluso no empresarial amosaron a súa negloxencia”

Preguntado pola comparación de Compostela como unha empresa, o candidato de Compostela Aberta á reelección como alcalde, Martiño Noriega, sostivo que “incluso en temros empresariais amosaron a súa neglixencia”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego