More

    Alberto Núñez Feijóo chama a traballar “sen medo” contra a violencia machista

    O presidente da Xunta asistía á entrega de premios do concurso escolar 25N 2019

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudía este 25 de novembro á entrega de premios do concurso escolar 25N 2019. No acto, Alberto Núñez Feijóo asegurou que Galicia non permitirá nin un paso atrás na loita contra a violencia machista.

    Feijóo aproveitou o acto para dirixirse ás crianzas “porque temos que parar isto, e témolo que facer de forma consciente e entre todos”. “Temos que traballar sen medo contra a violencia machista”, dixo, insistindo en que “hai que deixar que os nenos e as nenas sexan o que realmente queiran ser”. As rapazas e rapaces premiados correspóndense ao 2º curso do IES Vilalonga.

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego