Alberto Núñez Feijóo chama a saír do “ruído” dun posible adianto electoral

O presidente afirma que non abordará o adianto dos comicios neste Consello da Xunta

En Galicia imos intentar seguir traballando con idependencia do ruído, os comentarios ou as noticias que afecten a outras comunidades autónomas“. Así se pronunciaba o presidente da Xunta sobre o posible adianto electoral, previstas nun inicio para despois do verán,influenciado polos comicios en Cataluña e Euskadi, onde se valora seriamente acurtar os prazos.

- Publicidade -

Alberto Núñez Feijóo mantivo este mércores unha reunión co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela Paz, co que abordou cuestións como o financiamento ou as competencias sen chegar a acordo algún. Ante as preguntas dos medios de comunicación, sostivo que “nin o presidente da FEGAMP nin eu estamos preocupados por esa cuestión“. O carácter esquivo das respostas do presidente foi atallada por unha pregunta dirixida á posibilidade de abordar o adianto electoral na reunión do Consello da Xunta deste xoves. “A resposta é non“, sentenciou.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego