O Comité Galego de solidariedade internacionalista, Mar de Lumes, organizou esta semana dúas charlas, unha en Vigo e outra en Compostela, para informar de primeira man como se están a desenvolver dous procesos soberanistas diferentes: o de Catalunya e o de Euskal Herria. Do primeiro caso falou o deputado da CUP no Parlament, Albert Botran, quen sinalou a NósTelevisión que co anuncio oficial da data do referendo o proceso entra de xeito definitivo na axenda política.
Albert Botran: “Non hai policía suficiente en Cataluña para impedir que se poida votar”
.@albertbotran (@cupnacional) aposta por levar o #referendumCAT ata as "últimas consecuencias" https://t.co/OrmZcYcpT2 #lovedemocracy pic.twitter.com/FHvRedXALK
— Nós Televisión (@NosTelevision) 9 de junio de 2017
En relación a Euskalherria viaxou ao noso país o responsable da Áreas internacional de Sortu, Niko Moreno, con quen tamén conversamos. No caso vasco as consultas que se veñen realizando desde o ano pasado en varios concellos non están a ter polo de agora unha grande participación mais a súa intención, segundo explicou Moreno, é comezar a mover á sociedade de cara a concienciación sobre a necesidade da autodeterminación.