Alarma no Colexio Junior’s de Compostela polo impago a docentes

O centro, segundo denuncia CIG-Ensino, contratou novo persoal sen despedir nin pagar ao anterior

A situación no Colexio Junior´s comeza a ser insostíbel con impagos de até 4 meses. A CIG-Ensino denunciou esta situación na que estarían involucrados 20 docentes e membros do equipo directivo e 7 de administración e servizos.

As nominas sen pagar irían de un a catro meses polo que o secretario comarcal deste sindicato, Rubén F. Monteagudo, non entende que a xerencia contrate a 14 persoas novas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A CIG-Ensino deu de prazo ata este venres para que a xerencia do Colexio Junior’s se poña ao día e pague os meses atrasados dos 27 docentes. “Non imos permitir que se tarde un día máis”, apuntou Rubén F. Monteagudo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -