Hoxe estréase un novo medio de comunicación en galego, a revista dixital Vinte. Faino da man do xornal Praza Pública, enfocada para a xente nova, esas primeiras persoas nadas so século XXI. Falamos coa súa directora, María Yáñez.
Distintos formatos e distintas canles
“As persoas que se fagan adultas nos anos vinte xa a penas len xornais en papel” din na carta de benvida publicada pola redacción de Vinte.Contidos sociais, culturais, tendencias… podemos atopar na súa páxina desde un consultorio ata as imaxes de Tanxugueiras na India. Todo cunha meta moi clara, a de “construir os próximos anos vinte coma nós queiramos“.
Trátase, en definitiva, dunha plataforma dixital de contidos multimedia, con temática ampla arredor da sociedade actual, da cultura popular, das tendencias globais e locais