
Os berros de ‘Aire, auga e terra limpas’ encheron o corenta aniversario do Festival de Pardiñas en Guitiriz da man do grupo Zënzar. Dende o escenario, apelaron a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos ou Salvemos a Comarca de Ordes, entre os moitos colectivos que hoxe en día permanecen unidos e en loita contra os intereses empresariais e políticos en proxectos que promoven a contaminación da nosa terra, a nosa auga e o noso aire. Con Xosé Bocixa chamando dende o escenario, director de ‘Redes contra a política do espolio‘, xunto Suso Bello, da Compañía do Ruído, José Manuel Ares ou a propia Asociación Cultural Xermolos, o Festival de Pardiñas uniuse para reividincar ‘aire, auga e terras limpas’. Aquí o momento: