Agustín Hernández fala de “estafa” no PSOE de Santiago

O voceiro do PP municipal asegura que a actitude dos socialistas perxudica aos cidadáns da cidade

O voceiro municipal do PP en Santiago, Agustín Hernández, dirixiu hoxe palabras moi duras contra o grupo municipal socialista da cidade en relación coa súa situación nos plenos e na votación que terá lugar no Pazo de Raxoi para a aprobación dos orzamentos.

- Publicidade -

En relación aos orzamentos que presentou o goberno municipal, Hernández anunciou o seu voto en contra e explicou porque tomaron esa decisión.

Dos ataques verbais de Agustín Hernández tampouco se librou o grupo municipal do BNG que para o voceiro popular fixeron “un paripé” nas negociacións.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego