Continúa o esperpento. O líder local do PP de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, está satisfeito. Lonxe de amosar o máis mínimo arrepentimento polas súas polémicas imaxes difundidas por Nós Televisión e viralizadas durante estes dous últimos días e que está a provocar unha reacción unánime contra a súa figura, Hernández está feliz.
Grazas a min, a xente coñeze a contaminación do río sar
O líder do PP local ponse a medalla de difundir a situación de contaminación e de “emerxencia medioambiental” do río sar e réstalle importancia a que fora gravado por Nós Televisión botando lixo no cauce do propio río que dicía defender. Parece mentira pero non. Agustín Hernández está orgulloso
Mentres o vídeo continúa difundíndose e tendo un alcance internacional, tendo centos de milleiros de reproduccións nas redes sociais e sendo o líder popular motivo de mofa en todo o Estado, a Agustín parece darlle igual. Continúa, polo tanto, o esperpento.