"Agustín Hernández sigue sen ubicarse no rol da oposición". Así respondía onte @martinhonoriega ante as últimas críticas do PP pic.twitter.com/EW6Qk3j5a1
— Nós Televisión (@NosTelevision) January 17, 2018
O alcalde de Santiago responde ás críticas do dirixente popular pedíndolle que non antepoña os “intereses de partido” sobre os da cidade. Noriega, mesmo, ironizou coa situación do voceiro do PP ao deixar entrever que nin o “queren” no seu propio partido.