O portavoz do Partido Popular no concello de Santiago, Agustín Hernández, criticou hoxe duramente en rolda de prensa a aprovación onte no Pleno ordinario dunha moción de apoio ao dereito a decidir do pobo catalán.
O Concello de Santiago sitúase fóra da lei
Preguntado polas actuacións policiais que motivaron a presentación desta moción e polas denuncias de varias empresas rexistradas de que a Garda Civil non presentou ningunha orde xudicial nos rexistros o voceiro popular reiterou o seu apoio a este corpo militar.
.@Agustin_Stgo, de @PopularesStgo asegura que a GC entrega ordes xudiciais nos rexistros en Cataluña polo #referendum1deoctubre pic.twitter.com/O6vUXN02w1
— Nós Televisión (@NosTelevision) 22 de septiembre de 2017
Críticas incendiarias do voceiro do PP
Para Agustín Hernández o posicionamento do alcalde é “irresponsable” ao estar apoiando a “delincuentes institucionais” en relación ao goberno catalán.