"É tan simple como que agora escoitamos aos nenos ou á xente paseando e non aos coches". @xiaovarela define así o proceso de peonalización da cidade vella da Coruña pic.twitter.com/0YFI5e7UIK
— Nós Televisión (@NosTelevision) June 28, 2018
A devolución dos entornos urbanos á cidadanía a través da peonalización de certos espazos é un fenómeno imparable. Grandes urbes de todo o mundo entre as que figuran Londres, París ou Nova Iorque testaron con éxito experiencias de reducción de vehículos en determinadas zonas. A Coruña vai nesa liña e iniciou a primeira fase do seu plan de revitalización da Cidade Vella.
Comerciantes e veciñanza tamén participan, como principais usuarios, desta iniciativa. Coa ollada posta noutras experiencias recoñecen as dificultades dun proceso de mudanza nas súas rutinas.