Home Programas Área Compostela Afundación trae a Compostela a exposición “Terras de salitre. Cristina Mittermeier”

Afundación trae a Compostela a exposición “Terras de salitre. Cristina Mittermeier”

0
Afundación trae a Compostela a exposición “Terras de salitre. Cristina Mittermeier”
Greenland Last Ice, de Cristina Mittermeier

Afundación, a Obra Social de ABANCA, achéganos a Compostela a exposición fotográfica “Terras de salitre. Cristina Mittermeier”. A obra desta mexicana fai un percorrido polas zonas do mundo nas que o ser humano explota os recursos marítimos dun xeito respectuoso e sustentable. A mostra estará na capital de Galicia do 4 de maio ao 2 de setembro e reúne 85 fotografías de Grenlandia, Hawai, India, Madagascar, Columbia, Abralhos, a Antártida e tamén do noso país.

O fío conductor da exposición é a súa fascinación polo océano. Graduada en Enxeñería Bioquímica de Ciencias Mariñas, decidiu deixar a súa carreira como enxeñeira para converterse nunha defensora dos mares e a biodiversidade a través da fotografía, a mellor ferramenta para conectar emocionalmente co público.

As súas imaxes foron publicáronse en revistas como Time e National Geographic, recibiu o Premio da Misión da NANPA e o Premio ao Fotógrafo da Conservación Smithsonian no 2010. No 2016 foi galardoada co Imaging Award for Photographers who Give Back. Ademais, é integrante da World Photographic Academy e recentemente foi recoñecida como unha das 40 fotógrafas máis influentes do mundo pola revista Outdoor.