Adxudicadas as obras de Castrón Douro e Patio de Madres por 1’1 millóns de euros

A actuación, financiada cos fondos EDUSI, durará preto de 18 meses

A Xunta de Goberno local vén de dar “luz verde” ao proxecto de reurbanización das rúas de Castrón Douro e Patio de Madres, que consistirá fundamentalmente en melloras de accesibilidade. A obra terá un custo superior ao millón de euros, financiada polos fondos europeos EDUSI, e durará preto de 18 meses.

Outros proxectos

Así e todo, o Concello adxudicou tamén o contrato para a construción dun ascensor que conectará as rúas Triacastela e Concheiros, con capacidade para 16 persoas. Esta actuación está orzamentada en 350.000 euros.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Outro dos proxectos aprobados este venres foi o de mellora da pavimentación do viario de acceso á parroquia de Busto, para o cal se investirán arredor de 100.000 euros. Se se cumpren as previsións, estas tres obras iniciaranse durante o verán.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -