Home Programas Espazo Aberto Adif gastou 14.900 euros “a dedo” para asesorar aos comparecentes na Comisión de Investigación do Alvia

Adif gastou 14.900 euros “a dedo” para asesorar aos comparecentes na Comisión de Investigación do Alvia

0
Adif gastou 14.900 euros “a dedo” para asesorar aos comparecentes na Comisión de Investigación do Alvia

Adif contratou a dedo por 14.900 euros ao despacho de avogados Hogan Lovells coa fin de asesorar aos comparecentes na Comisión de Investigación do Alvia no Congreso dos Deputados, encargado de examinar o ocorrido no accidente ferroviario do 24 de xullo de 2013. Neste bufete traballa o avogado que defende ao exdirector de Seguridade na Circulación Andrés Cortabitarte, imputado na causa ao que se lle vinculan 80 delitos de homicidio por imprudencia grave profesional e 144 de lesións, ao igual que o maquinista do tren.

Dende a Plataforma de Vítimas Alvia 04155 enmarcan isto nunha “estratexia do silencio” e lembran o caso do metro de Valencia. Neste accidente, a Generalitat foi acusada de adoutrinar aos comparecentes na investigación a través dunha consultora externa.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, considera “inaceptable que eses traballos de asesoramento estiveran máis centrados en ocultar ou manipular a realidade que en esclarecer as causas do accidente máis grave acontecido en Europa nos últimos 25 anos”.