
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, manifestou a súa satisfacción polo desenvolvemento da reunión que mantivo onte en Madrid co presidente de Adif, Juan Bravo. Noriega explicou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi que trataron temas importantes para a cidade como o aparcadoiro de Pontepedriña, a terminal de mercadorías da Sionlla e rematar as actuacións en Angrois.
“A reunión foi positiva polos compromisos acadados”
Valoración positiva por parte de @martinhonoriega da xuntanza entre Raxoi e Adif grazas aos "compromisos acadados" https://t.co/Jc0sRE5bE1 pic.twitter.com/KzXoGCFJHA
— Nós Televisión (@NosTelevision) 11 maio 2017
Martiño Noriega informou que na reunión de onte tamén se tratou o proxecto da Vía Verde. Neste tema, segundo confirmou o alcalde, o concello asinará en breve un convenio para ocupar os terreos de Adif para a súa consecución.