[Adianto da reportaxe] Construíndo a área metropolitana da Coruña

O alcalde cre imprescindible a súa aprobación, consensuar un texto e presentarllo ao Parlamento de Galicia

A futura Área Metropolitana podería protagonizar o vindeiro Pleno municipal da Coruña. O rexedor desa cidade, Xulio Ferreiro, asegurou a Nós Televisión que é “imprescindible”  votar esta iniciativa para, logo, consensuar un texto con todos os grupos políticos con representación en María Pita.

Ferreiro aposta por levar a Pleno a Área Metropolitana da Coruña

Ferreiro deixa aberta a porta á incorporación de novos municipios nesta proposta de Área Metropolitana ademais dos dez que conforman a comarca e sinala que en canto se faga ese texto pasaría ao Parlamento galego para a súa aprobación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Reportaxe

Nós Televisión está a traballar nunha reportaxe sobre o futuro da área metropolitana da Coruña no que conversamos cos alcaldes da Coruña e de Sada así como tamén con activistas e académicos da zona.

O soño dunha área metropolitana na Coruña está máis preto. O proceso de creación deste organismo comezara no ano 2015 cunha primeira xuntanza do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, cos representantes dos municipios do Consorcio das Mariñas. Creouse, daquela, unha Mesa na que estaban representados os concellos interesados que mantiveron reunións periodicas. Neste proceso a idea foi contar tamén coa cidadanía e basear os pasos a dar asesorados por informes técnicos. O pasado 4 de maio esta Mesa deu un empurrón importante ao proxecto e decidiu comezar por resolver un dos problemas actuais: o do transporte.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -