A porta aberta. Adianto da nosa reportaxe sobre os Orzamentos participativos da Coruña https://t.co/fdLJJ09VDG #corunaparticipa pic.twitter.com/tiMEfe1ov5
— Nós Televisión (@NosTelevision) May 31, 2018
Adianto da Reportaxe de Nós Televisión A Coruña consolida o proceso de Orzamentos participativos. Ano tras ano o número de propostas foi en aumento. Nesta edición tamén se incorporan puntos de información e asesoramento no que participan tamén a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana e os centros cívicos. Chegar a toda a poboación é unha dos obxectivos que comparten as entidades veciñais e que a concellaría de Participación ten en conta.
Adentrámonos nalgúns dos proxectos aprobados nos anteriores procesos participativos. O elevado número de propostas desta edición constata a boa saúde desta proposta que xa forma parte do funcionamento orzamentario da cidade. Neste contexto en xullo A Coruña converterase na sede da cuarta edición do Encontro Ibérico de Democracia Orzamentos Participativos, unha cita bianual de carácter internacional vinculada ás novas formas de gobernanza e á incidencia da participación da cidadanía nas políticas públicas.
Adianto da Reportaxe. Nós Televisión publicará e emitirá a reportaxe este venres, 1 de xuño, ás 22:00h