ADEGA esixe a “paralización inmediata” do ‘campionato’ de caza do raposo

A asociación ecoloxista denuncia que se trata dunha "práctica anacrónica que suscita grande oposición social e que provoca un grande impacto negativo no medio natural"

O vindeiro sábado 12 de xaneiro ten lugar, por décimo cuarto ano consecutivo, o “campionato” provincial galego de caza do raposo. Esta suposta competición basease na caza indiscriminada de raposos por cuadrillas formadas por entre 10 e 30 cazadores, premiándose á cuadrilla que consiga matar o maior número de raposos durante a competición.

ADEGA vén de solicitar ante a consellería de Medio Ambiente a paralización e prohibición de campionatos de caza de raposo no noso país ao tempo que censuran que se trata dunha actividade que presenta unha “gran repulsa social e que provoca un grande impacto negativo nas poboacións de raposos e no medio natural”. Con motivo desta denuncia da entidade ecoloxista, quixemos conversar co seu secretario executivo, Fin Eirexas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Unha actividade amplamente subvencionada

A Federación Galega de Caza é a entidade organizadora deste evento e, segundo os datos proporcionados por ADEGA, recibiu nos últimos cinco anos algo máis de 140.000€ de de diñeiro público subvencionados pola Xunta de Galiza dos cales case 40.000 son destinados para o campionato de caza. Alén disto, tamén resaltan desde a entidade ecoloxista que a federación tamén se lucra doutros montantes de empresas ou entidades privadas, sendo así salientable o financiamento achegada por parte de ENCE (unha das empresas máis destrutoras e contaminantes do territorios presentes na Galiza) ao campionato de caza do raposo de Pontevedra deste ano, que vai ter lugar no concello de Cerdedo-Cotobade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -