Home Espazo Aberto Medio ambiente Adega denuncia que a Xunta coloque a Sogama como exemplo de xestión de residuos

Adega denuncia que a Xunta coloque a Sogama como exemplo de xestión de residuos

0
Adega denuncia que a Xunta coloque a Sogama como exemplo de xestión de residuos

O pasado mes de agosto, a Xunta sacou á exposición pública a súa Estratexia Galega de Economía Circular (EGEC, 2019-2030) contra a que Adega presentou alegacións este mes de setembro, segundo informa nun comunicado.

A organización medioambiental denuncia que o documento parte “dunha análise distorsionada da realidade galega” facendo especial fincapé na xestyión dos residuos. “Contempla a Economía Circular máis como outro xeito de crecemento económico que como un camiño cara un novo modelo produtivo e social, necesario para a supervivencia”, apuntan.

Adega coloca varios exemplos como que a loita contra o cambio climático quede fóra da EGEC da Xunta. En tanto á xestión de residuos, denuncian que o Goberno galego faga “unha louvanza” do sistema SOGAMA, “modelo afastado completamente da economía circular ao basearse na incineración de residuos e nunha economía de escala que favorece a xeración de máis residuos en contra dos obxectivos de minimización”. Os resultados do modelo SOGAMA, mesmo en comparación cos doutros existentes en Galiza como Nostián e Barbanza, son “moi inferiores en recollida separada, reciclaxe e compostaxe”.

Deste xeito, dende o colectivo sosteñen que “a Estatexia Galega de Economía Circular é un documento que funciona moi ben como estratexia, coa que a Xunta quere seguir xustificando modelos insustentábeis como SOGAMA. Porén, de circular ten ben pouco, como non sexa para manter a Galiza no círculo pernicioso do crecemento sen fin”.