Home Programas Espazo Aberto ADEGA crea unha web con recursos de libre acceso para pasar a corentena

ADEGA crea unha web con recursos de libre acceso para pasar a corentena

0
ADEGA crea unha web con recursos de libre acceso para pasar a corentena

#EuFicoNaCasaConADEGA é a campaña coa que ADEGA pon a disposición da sociedade xeral, a de galega en particular, recursos didácticos e divulgativos sobre medio ambiente e ecoloxía en galego para pasar a corentena.

O obxectivo desta iniciativa é “o de facilitar a un público xeral o acceso a estes recursos, nalgúns casos xa pre-elaborados, compartir saberes e experiencias sen restricións ou exclusividades, e propoñer solucións ante un futuro que se nos presenta difícil e de profundos cambios estruturais e, por tanto, que afectan ao noso estilo de vida”, sinalan dende o colectivo ecoloxista.

A iniciativa de ADEGA conta coa colaboración dunha ducia de colectivos entre os que están as ANPAS galegas, sindicatos do ensino (STEG, CIG-Ensino), sindicatos agrarios SLG, FRUGA), organizacións culturais (A Mesa, Culturmar, Rede Galega polo Patrimonio) ou de carácter ambiental (CEMMA, Fundación Eira, GNHábitat, Mycogalicia, Cousa de Raíces). Podes acceder á web aquí.