O final do verán e os primeiros meses do outono serán intensos para a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, que traballará en diferentes programas de voluntariado ambiental. En setembro e outubro, levaranse a cabo obradoiros de limpeza de ríos e mares do país, unha actividade que se celebra dende hai once anos e que na pasada edición congregou a preto dun milleiro de persoas.
Undécima edición das limpezas simultáneas de ríos
Cómpre salientar tamén as actividades de seguimento da fauna e coñecemento da biodiversidade da contorna, que se desenvolverán dende finais de agosto no Macizo Central.
Dende Adega convidan a participar a calquera persoa que queira aportar o seu gran de area á causa ecoloxista, co obxectivo de lograr unha maior sensibilización destas cuestións por parte da sociedade galega.