Acusacións entre PP e Goberno Municipal sobre a xestión do Matadoiro

Mentres o PP escenifica nas portas do Matadoiro Compostela a súa oposición ao modelo de autoxestión na antiga Casa da Xuventude, Martiño Noriega sae en defensa do mesmo

vlcsnap-2017-01-27-17h48m05s501
O PP escenificou esta mañá a súa total oposición ao modelo de autoxestión cidadá imposto no Matadoiro Compostela

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular, María Antón e Alejandro Sánchez-Brunete, achegáronse na mañá de hoxe ao Matadoiro Compostela coa intención de denunciar o que consideran unha “entrega opaca dun edificio municipal a mans privadas e descoñecidas”.

- Publicidade -

Os populares sinalaron que o inmoble é “un símbolo do feísmo, da ilegalidade, da falta de transparencia, da arbitrariedade, da confusión e da indeterminación”. Sánchez-Brunete queixouse de que non tiveran acceso ás chaves para poder realizar así unha visita ao interior da casa. O alcalde de Santiago falou na rolda de prensa posterior á Xunta de goberno deste tema.

Un símbolo do feísmo, da ilegalidade, da falta de transparencia, da arbitrariedade, da confusión e da indeterminación” Sánchez-Brunete, Partido Popular

Os populares apuntaron que o normal nunha instalación destas características era que formara parte da rede de Centros SocioCulturais. Martiño Noriega, preguntado polos xornalistas, apostou pola autoxestión e explicou a situación actual do proxecto.

Martiño Noriega sae en defensa do modelo do Matadoiro Compostela


A crítica á xestión de Matadoiro Compostela deixa en evidencia as diferentes maneiras de entender a xestión cultural na cidade, unha máis tradicional e outra máis contemporánea relacionada coa participación cidadá.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego