Home Programas Espazo Aberto Actrices e actores de Galicia, en defensa do Centro Dramático Galego e o Centro Coreográfico Galego

Actrices e actores de Galicia, en defensa do Centro Dramático Galego e o Centro Coreográfico Galego

0
Actrices e actores de Galicia, en defensa do Centro Dramático Galego e o Centro Coreográfico Galego

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e a Academia Galega de Teatro, e co apoio de Músicas ao Vivo, denunciaron este xoves o desmantelamento “sistemático” que a Xunta leva a cabo no Centro Dramático Galego (CDG) e o Centro Coreográfico Galego (CCG), “dúas institucións públicas de creación escénica que dende hai dez anos padecen de forma continuada a mingua da súa actividade, os recortes nos seus orzamentos, a asfisia burocrático e o puro esmorecemento”.

En concreto, denuncian os proxecto de decreto polo que se modificará parcialmente o Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais da que dependente tanto o CDG coma o CCG.

Por estas razóns, as profesionais da arte escénica esixen a retirada do proxecto de decreto co que o Goberno quere modificar os Estatutos da Agadic e co que se incrementará “o desmantelamento sistemático que a Xunta está a practicar coas unidades de produción audiovisual”. Ao mesmo tempo, esixen que se lles teña en conta á hora de planificar as políticas que afectan ao seu sector.