A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou en rolda de prensa unha das actividades máis votadas no proceso piloto de Orzamentos Participativos do 2016: o programa Boas Noites. Trátase que porá en marcha a área de Mocidade en colaboración coa Asociación Cultural e Xuvenil Itaca e na que participa tamén a empresa Xandobela.
Nerea Couselo, da empresa Xandobela, explicou polo miúdo cales serán as actividades que se realizarán para a mocidade en Compostela. Pola súa banda, Adrián Rei, da Asociación Cultural e Xuvenil Itaca, salientou que o espazo a desenvolver estas actividades é moi variado e que no apartado de xogos teñen preparada algunha sorpresa relacionada coa temática dos mesmos.
As inscricións para participar neste programa poden formalizarse 20 minutos antes do comezo de cada actividade, por rigorosa orde de chegada. O obradoiro de solarigrafía consta de tres sesións, polo que as persoas inscritas serán as mesmas en todas as sesións.