O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para o financiamento das actividades culturais do Auditorio de Galicia. Noriega fixo fincapé na importancia destes convenios e puxo como exemplo que “a pasada edición do Womex non tería sido posible sen a colaboración da Deputación”.
.@martinhonoriega tamén falou hoxe da sinatura do convenio de colaboración entre Concello e Deputación https://t.co/LzABBo4IzJ pic.twitter.com/9nPCKpaoYS
— Nós Televisión (@NosTelevision) 15 marzo 2017
Unha Institucion fundamental
A vicepresidenta explicou que o organismo provincial seguirá a colaborar co Concello de Santiago xa que considera que “o Auditorio é fundamental para a cultura da cidade e do país”.
.@GorettiSRei, da @Depucoruna, resaltou hoxe que o Auditorio de Galicia é unha "institución fundamental para o país" https://t.co/LzABBo4IzJ pic.twitter.com/289r1Ga8Ls
— Nós Televisión (@NosTelevision) 15 marzo 2017
O acordo supón unha achega provincial, tal e como indicou Goretti Sanmartín, de 180.000 euros. Pola súa banda, Martiño Noriega resaltou a importancia de manter a programación do Auditorio, algo para o que é necesaria a colaboración da Deputación.